domingo, 12 de noviembre de 2017

2º Sesión: A CASA DA MIÑA AVOA de Pep Bruno e Matteo Gubellini

Sábado, 18 de Novembro


A CASA DA MIÑA AVOA

Hoxe é o meu aniversario e recibirei a visita da miña avoa que fai unha tortas riquísimas, pero ao chegar á miña casa decátase que esquenceu a torta, terémola que ir buscar e o camiño non será fácil pero rirémonos moito buscándoa e levaremos algún que outro susto.

Estades preparados?

Aparecerán moitas personaxes das películas que nos axudarán atopala torta que nos fixo a miña avoa, e con eles trataremos un dos sentimentos que nos ensinou o Monstro de Cores na primeira sesión o Medo. 
Descubriremos que estas personaxes son as nosas amigas e queren festexar connosco o aniversario.

Esperámosvos o Sábado día 18 de Novembro para pasar un ratiño moi divertido que irá acompañado de moitas sorpresas e música (porque tamén bailaremos, xa que o conto comeza cun aniversario haberá que celebralo)

Ata o Sábado Montelinos!

domingo, 5 de noviembre de 2017

1ª sesión: Monstro de cores




Nesta primeira sesión coñecimos un monstro moi embarullado, aínda que entre todos fomos capaces de poñerlle as emocións en orde. 
 




Xogamos a ver o mundo a través das diferentes cores transformando as nosas emocións.




Aprendimos que sen amor non temos nada.💓




Así  que con moito amor fixemos os novos carnes do "club de lectura".







E para rematar tivemos tempo para consultar máis historias con moito amor💓💗💙






Agardámosvos na próxima sesión de novembro e ata entonces... felices lecturas!!!💋